MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO DE MARATHÓN
DE CORUÑA
Borja, Ariana, Carlos e Rubén antes da saída
Gracias o compromiso e ilusión de Borja Cadilla Lomba atleta do San
Xerome e da S.A. do Trega para poder participar en una Marathón, acabala e intentar o
recto de facela en 3h30´, puxémonos a
disposición de Borja para axudalo o mellor posible. Esta proba mítica no atletismo en ruta, Borja adicoulla a súa moza Celia.
Contamos coa axuda especial de Ariana presidenta e atleta do
club para adestrar, realizar o test, e que fora guía de Borja.
Ariana marcando o ritmo, detrás o xenial Borja
O día de hoxe 17/04/2016 foi ideal, con ambiente atlético
polas rúas de Coruña, case puntual deu comezo a marathón e compromiso, ilusión de Borja acompañado pola guía e atleta Ariana, cravaron os tempos ata a ½ Marathón, así como Rubén e Carlos.
Lamentablemente no km 30 Borja sufriu una recaída, un baixón
que non foi capaz de superalo, igual aconteceu con Rubén que no Km 35
descolgouse de Carlos.
Con esforzo e valentia, Borja correu sin a compaña de Ariana a partir do Km 35, xa que non podía correr a 5´o Km.
Con esforzo e valentia, Borja correu sin a compaña de Ariana a partir do Km 35, xa que non podía correr a 5´o Km.
Borja ca súa medalla na praza de Mª Pita, e lema da proba.
De tódolos xeitos a actuación estivo sempre dentro
dos marxes de erro, sendo o resultado moi positivo, Rubén e Carlos correron ao
80% e Borja ao 65% das súas posibilidades. Lembrar que Ruben e Carlos non prepararon esta proba especificamente.
Rubén foi 64 na xeral, fixo un tempo de 2h57´58" e Carlos 33 con un tempo de 2h52´06"
Borja e Ariana pasan fronte a praia de Riazor, animado polo grupo musical Xerock.
Xerock en plena actuación para animar aos corredores
O sorprendente foi que
Ariana chegou 5ª na xeral de mulleres e foi 3ª Sénior e 3ª Galega, realizando un tempo de 3h22´48"
ninguén esperaba este resultado dado o estado físico de Ariana, solo as participantes mulleres que cando viron
a Ariana torceron a faciana coñecedoras que é unha gran competidora.
Borja sufrindo no km 21, rematou a proba de 446 na xeral e 100 na súa categoría, realizou un tempo de 3h41´05", un gran éxito persoal de Borja que dixo que ten en mente a mellora do tempo. Tamén falou co Pte da FGA solicitandolle categoía para atletas discapacitados.
Ariana no caixón 3ª Senior e 3ª Galega
Ánimos aos participantes que quedaron cansos do gran esforzo físico
e mental que supón esta proba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario