CARREIRA DO MONTE


REGULAMENTO 

CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2017
ANDAR - MARCHAR - CORRER

O atletismo TREGA,  o sábado día 5 de agosto do ano 2017 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.
As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores a partir da categoría promesas o límite será 400 atletas e deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es.
Teléfonos de información 650 794 421- 664 865 003).
Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email. O Trega reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non poderá participar na proba.
O prazo péchase o día 4 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa urxente con aviso por email, ou teléfono, para evitar o gasto do seguro.

CATEGORÍAS
ANO
NACEMENTO
DISTANCIA
APROXIMADA
SAÍDA
APROXIMADA
AGASALLO

PULGAS MULLERES
2016/2017
100 m
18:00 h
MEDALLAS





PULGAS HOMES
2014/2015
100 m
18:10 h
MEDALLAS





PRE-BENXAMINS MULLERES
2012/2013
400 m
18:20 h
MEDALLAS


PRE-BENXAMINS HOMES
2010/2011
400 m
18:40 h
MEDALLAS





BENXAMÍNS MULLERES   e HOMES
2008/2009
600 m
18:50 h
TROFEOS





ALEVINS  MULLERES  e  HOMES
2006/2007
1.000 m
19:00 h
TROFEOS







INFANTILES  MULLERES e HOMES
2004/2005
2.000 m – 2 V
19:15h
TROFEOS
CADETES MULLERES e HOMES
2002/2003
2.000 m – 2 V
TROFEOS

PROMESAS MULLERES  e HOMES
95/96/97/98/99/2000/2001
7.339 m
19:30 h
TROFEOS
SENIOR MULLERES  e HOMES
1994 ata veterano
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 35/44
35 a 44 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 45/54
45  a 54 anos
TROFEOS
VETERANOS HOMES – 55
55 anos   e mais
TROFEOS
VETERANAS MULLERES – 35/44
35 anos a 44 anos
TROFEOS
VETERANAS MULLERES ­– 45/54
45 anos  54 ANOS

VETERANAS MULLERES - 55
55 anos e mais
TROFEOS


1.       A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba.
2.       De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 5 €.
3.       O pago será no mesmo día que se retira o dorsal, facendo o pagamento con cartos xustos.
4.       Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.
5.       Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
6.       Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas e Pre Benxamíns  e trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. Un atleta só ten dereito a un premio ou trofeo. Serán entregados pola Comisión de Festas.
7.       Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2016/2017.
8.       Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
9.       Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
10.   En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
11.   Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na  web www.trega.es
12.   Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
13.   Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
14.   Será motivo de descualificación  calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
15.   Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro  e  Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
16.   O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba
17.   As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega..
18.   O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
19.   AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.
20.   Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil,
21.   A participación nas carreiras populares,  e na andaina implica a total aceptación do presente regulamento. Este regulamento pode ser modificado para súa mellora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario