sábado, 12 de marzo de 2016

CAMPIONATO GALEGO A/I/C DE CAMPO A TRAVÉS

No concello de A Estrada, 12/03/2016,  na praia fluvial celebrouse o Campionato Galego de Campo a Través Alevín Infantil e Cadete, organizado pola Xunta de Galicia.
Día precioso con 450 atletas inscritos para este campionato, que tivo unha participación relativa xa que moitos atletas non participaron por ser unhas datas tardias.
Circuito en boas condición, pero con erros graves como, saída sen rúas, e moi estreita.
Os tres únicos atletas clasificados do atletismo Trega foron:
Hugo Domínguez, Marcela Morgado e Rosendo Fernández.
 Rosendo na carreira cadete, actuación moi discreta, posto 33 co tempo de 18´14"
Hugo Domínguez durante a carreira de infantiles, correu ben sempre entre os 10 primeiros, 6º co tempo de 9´07"
Marcela Morgado, carreira para aprender, correu de  atras cara a diante, boa actuación, 9ª co tempo de 6´14"

No hay comentarios:

Publicar un comentario