Proba exclusivamente para atletas federados. Iniciada en 1978, é unha competición de Campo a Través a segunda mais antiga de Galicia despois do Campionato Galego. Esta proba lembra a Belarmino Alonso, directivo do club falecido no ano 1.977.
Nesta edición, as categorías Cadetes e menores formaran parte da Fase zonal do Deporte en Idade Escolar, clasificatoria para os Campionatos Provinciais do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
Con esta proba o Comesaña remata os actos do centenario do Club.
O día foi perfecto para a práctica do atletismo puro, e asistiron atletas das catro provincias galegas, para nos mellor que o campeonato Galego de Campo a Través xa que correron os mellores atletas dende a categoría de benxamíns ata seniors.
Destacar o nº de participantes que foron 822,
332 mulleres e 490 homes, que se corresponden por categoría, e según sexo a: Sénior: 32/124 (contan veteranas), Promesa: 3/18, Júnior: 10/17, Xuvenil: 25/35, Cadete: 65/62 , Infantil: 81/68, Alevín: 59/88 y Benjamín: 67/78.
Destacar o nº de participantes que foron 822,
332 mulleres e 490 homes, que se corresponden por categoría, e según sexo a: Sénior: 32/124 (contan veteranas), Promesa: 3/18, Júnior: 10/17, Xuvenil: 25/35, Cadete: 65/62 , Infantil: 81/68, Alevín: 59/88 y Benjamín: 67/78.
Os 12 atletas do Trega foron:
Minutos antes de dar a saída senior
Os atletas rosaleiros Carlos e Rubén antes da saída
Rubén durante a carreira, entrou de 73/64 co tempo de 35´01".
Carlos durante a carreira, animado por Pura, Montse, Pili e Vania. Pagou o esforzó da 1ª volta, 62/54 co tempo de 34´21".
Ariana en carreira, no segundo grupo de atletas. Entou na 11/10 posición co tempo de 25´55".
Rosendo o atleta rosaleiro na saída cadete, súa actuación aparentemente foi discreta, pero engañosa xa que o nivel atlético era moi alto. Posición 20 tempo 15´02".
Rosendo durante a proba
O atleta tomiñes, Hugo durante a saída infantil, como sempre valente tirando do grupo, estivo a piques de quedar en terceira posición, seu tempo foi 5´59".
Hugo en cuarta posición loitando para achegarse aos tres primeiros, excelente carreira.
A rosaleira Vania na saída infantil.
Vania en loita con una atleta do Comesaña, acadou a 11 posición co tempo de 4´40".
Carla atleta rosaleira e Marcela atleta guardesa, collendo temperatura antes da saída de alevíns
Marcela e Carla preparadas para correr
Marcela excelente carreira, posición 8 tempo 3´38".
Carla durante a carreira, posición 47 e tempo 4´19".
O atleta guardes Oscar e o Tomines Álan na saída de benxamíns, un pelín nerviosos, despistados antes da saída.
Álan tirando en cabeza emparexado cun rival, rematou en 4ª posición, co tempo de 2´24" nun fermoso fin de carreira para conseguir subir ao caixón. Un pouco mais atrás e polo centro Oscar que fixo unha boa carreira entrando na posición 27 co tempo de 2´49".
A tudense Helia e a guardesa Elisa, na saída de benxamíns. Helia tivo a mala sorte de caer na saída, posiblemente algún resbalón, empurrón foron a causa da caída, pero ca súa forza, garra levantouse e chegou a meta na posición 28 co tempo de 3´04".
Elisa emociona cando corre, sempre con unha sonrisa especial, goza, disfruta correndo unha auténtica pasada, entrou 7ª co tempo de 2´39".
Dende este blog felicitar ao Comesaña Sporting Club.....chapó polo traballo realizado.
Dende este blog felicitar ao Comesaña Sporting Club.....chapó polo traballo realizado.
CARREIRA POUPULAR "Romaría Vikinga" DE CATOIRA
Lucas e Noa, preparados para competir.
Lucas no caixón, terceiro co seu trofeo. Noa quedou no puesto 8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario