domingo, 1 de mayo de 2016

1 TRAIL VILA DAS NEVES - MARQUES DE VIZHOJA

Corneliosraiders organizou o 30/04/2016 a primera edición del Trail Vila das Neves-Marqés de Vizhoja.
Decir que un 25% dos participantes se perderon, non sabemos se foi erro do marcaxe do circuito ou dos participantes.
 Carlos, Ariana e José Antonio

XORNADA EN PISTA E/F XOGADE B/A EN PONTEVEDRA

O día 30/04/2016 en Pontevedra nas pistas de atletismo participaron na xornada E/F de Xogade as categorías B/A homes e mulleres.
O tempo soleado, con lixeiro ar fresco.
Día con dúas noticias, que non son favorables para o desenrolo do atletismo.
Os atletas do Trega que participaron foron:
Christian Javier en 1.000 marcha 6´04"79

Christian Javier en salto de lonxitude 2,81 m
Álex Sierpes en salto de lonxitude con 3,09 m
Non participou en 500 m.l.,por encontrarse mal
Helia Alonso en 1.000 marcha 6´55"86
Helia Alonso en 50 m.l. 8"96
Sergio Morais en  lanzamento de pelota 200g 16,75 m
Sergio Morais en  lanzamento de peso 2k 4,80 m
Marcela Morgado en 2.000 m.l.7´35"16
Elisa Morgado en 500 m.l. 1´50"62
Carmen Magallanes en 500 m.l.1´48"21
Carmen Magallanes en lanzamento de pelota 200 g 19,45 m

lunes, 25 de abril de 2016

HOMENAXE BORJA CADILLA

O sábado 23/04/2016 no campo municipal de futbol de A Guarda, o SPORTING GUARDÉS fíxolle a Borja Cadilla Lomba unha homenaxe (Saque de honra) por haber finalizado a marathón de Coruña en 3h41´05".


  Borja co equipo Sporting Guardés
 Borja ca súa medalla facendo o saque de honra

XORNADA EN PISTA E/F XOGADE B/A/I EN BALAIDOS

O día 24/04/2016 nas pistas de Balaidos escasa participación de atletas infantiles. Do atletismo Trega participou Hugo Domínguez Lindo nas probas de 3.000 m.l., lanzamento de Xabalina e 150 m.l.
en 3.000 m.l. realizou unha marca de 11´02"37

 
en Xabalina realixou un lanzamento de 10,32 m
en 150 m.l. realizou un tempo de 23"08 
Fotos: Sofia

O día 25/04/2016 nas pistas de Balaidos xornada de benxamíns e alevíns, escasa participación. Lamentamos o desinterés da FGA de non ter unha persoa destinada na torre de control para informar a os atletas participantes, adestradores, e público en xeral dos resultados e guía das probas. Os participantes benxamíns foron:

Sergio Morais en 1.000 marcha realizou un tempo de 6´59"04, en lanzamento de bola 200g 17,49 m 
Sergio en competición
Christian Javier  Sierpes en 500 m.l. realizou un tempo de 1´42"83
 C.Javier
Álex Sierpes en 1.000 m.l. realizou un tempo de 3´32"39
 Álex en competición
Elisa Morgado en 1.000 m.l. realizou un tempo de 3´52"17.
Carmen Magallanes en 1.000 m.l. realizou un tempo de 3´51"20
 Elisa e detras Carmen en 1.000 m.l.
Carmen na chegada de 50 m.l.
En alevíns participaron Clara Rodríguez en lanzamento de xabalina 400g realizando 10,32 m.
 Clara lanzando xabalina
 en 500 m.l. realizou un tempo de 1´49"29
Marcela Morgado en 1000 m.l. realizoun un tempo de 3´34"20
 Iker Amoedo en 500 m.l. realizou un tempo de 1´40"49

lunes, 18 de abril de 2016

25 CARREIRA POPULAR A MERCA - OURENSE

En Ourense o día 17/04/2016 os atletas do Trega @s irmaus Morgado e Sierpes desprazaronse ata Ourense A Merca para participar na edición 25 da carreira popular.
Os resultados foron:
 
 Álex, Christian Javier, Marcela e Elisa na saída
 
 Primeiros metros da carreira de 3.000 ml.

Marcela entrando en meta en 4º lugar e 1ª na súa categoría alevín mulleres co tempo de 13´37"
Elisa finalizando a carreira de 3.000 m., en 6º lugar e primeira benxamín co tempo de 14´57"

Álex rematando a carreira de 3.000 m.l. en 2º lugar e 1º na categoría benxamín, co tempo de 12´38".
Christian Javier rematando a proba de 3.000 ml en 3º lugar e 2º na categoría benxamín co tempo de 13´29"
 Álex recollendo seu trofeo
 Marcela co seu trofeo
 As irmáns Morgado e os irmáns Sierpes
 Elisa co seu trofeo
 Unha masaxe despois do esforzo
Fotos Patricia.

CAMPIONATO GALEGO DE MARATHÓN - 4º CORUÑA 42



MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO DE MARATHÓN DE CORUÑA
 Borja, Ariana, Carlos e Rubén antes da saída


Gracias o compromiso e ilusión de Borja Cadilla Lomba atleta do San Xerome e da S.A. do Trega para poder participar en una Marathón, acabala e intentar o recto de facela en 3h30´, puxémonos  a disposición de Borja para axudalo o mellor posible. Esta proba mítica no atletismo en ruta, Borja adicoulla a súa moza Celia.

Contamos coa axuda especial de Ariana presidenta e atleta do club para adestrar, realizar o test, e que fora guía de Borja.
 Ariana marcando o ritmo, detrás o xenial Borja


O día de hoxe 17/04/2016 foi ideal, con ambiente atlético polas rúas de Coruña, case puntual deu comezo a marathón e compromiso, ilusión de  Borja acompañado pola guía e atleta  Ariana, cravaron os tempos ata a ½  Marathón, así como Rubén e Carlos.

Lamentablemente no km 30 Borja sufriu una recaída, un baixón que non foi capaz de superalo, igual aconteceu con Rubén que no Km 35 descolgouse de Carlos.
Con esforzo e valentia, Borja correu sin a compaña de Ariana a partir do Km 35, xa que non podía correr a 5´o Km. 
 Borja ca súa medalla na praza de Mª Pita, e lema da proba.


De tódolos xeitos a actuación estivo sempre dentro dos marxes de erro, sendo o resultado  moi positivo, Rubén e Carlos correron ao 80% e Borja ao 65% das súas posibilidades. Lembrar que Ruben e Carlos non prepararon esta proba especificamente.
 Rubén foi 64 na xeral, fixo un tempo de 2h57´58" e Carlos 33 con un tempo de 2h52´06"
Borja e Ariana pasan fronte a praia de Riazor, animado polo grupo musical Xerock.
Xerock en plena actuación para animar aos corredores


O sorprendente foi que  Ariana chegou 5ª na xeral de mulleres e foi 3ª Sénior e 3ª Galega, realizando un tempo de 3h22´48" ninguén esperaba este resultado dado o estado físico de Ariana, solo as participantes mulleres que cando viron a Ariana  torceron a faciana coñecedoras que é unha gran competidora.


Borja sufrindo no km 21, rematou a proba de 446 na xeral e 100 na súa categoría, realizou un tempo de 3h41´05", un gran éxito persoal de Borja que dixo que ten en mente a mellora do tempo. Tamén falou co Pte da FGA solicitandolle categoía para atletas discapacitados.
 Ariana no caixón 3ª Senior e 3ª Galega

Ánimos aos participantes que quedaron cansos do gran esforzo físico e mental que supón esta proba.

domingo, 10 de abril de 2016

17 1/2 MARATHÓN GRAN BAHÍA VIG BAY

O Día 10/04/2016 con un forte vento e choiva intermitente deu comenzo a 17 media marathón Gran Bahía Vig Bay. Participaron os atletas do atletismo Trega, Carlos Álvarez, Rubén Alonso, Victor Conejo e Pilar Cadilla Pena
Carlos Álvarez entrou na posición 114 na xeral na categoría V40 de 28 realizando un tempo de 1h23´39"
Victor Conejo entrou na posición 301 na categoría S de 95 realizando un tempo de 1h28´09"
Pilar Cadilla entrou de 1.287 na xeral na categoría SF de 21 co tempo de 1h40´37",  tivo unha lebre de luxo xa que foi acompañada por Rubén.
Dar a queixa de que moitos atletas querían facer as súas necesidades fixiolóxicas e a Organización nos puxo letrinas.